CAST | GAL

VOZ NATURA EN ACCIÓN

Actividades   |   Voz Natura en acción

 

ECO-RETOS Voz Natura


No 25 aniversario de Voz Natura, animámosvos a participar nesta actividade co obxectivo de seguir impulsando a acción e concienciación ambiental.

Como?
É moi sinxelo. Só tedes que mostrarnos en redes sociais o que estades a facer... Porque sabemos que facedes moito polo medio ambiente!

Cada mes, propoñémosvos un reto-25: plantar 25 árbores ou plantas; recoller 25 latas do parque, praia, río ou bosque; limpar 25 metros de calquera ecosistema; 25 ideas para concienciar, reciclar 25 envases en casa, o cole, etc.; recoller 25 kg de papel, pilas,… ou calquera outra acción ambiental que se vos ocorra. E, todo isto, para facer no cole, en casa, con amigos, etc. 

Cando o consigades, sacades unha foto ou facedes un vídeo cortito (menos dun minuto) e subídelo a Facebook ou a Instagram, engadindo o  hashtag  #Accion25VozNatura e o  hashtag de cada mes. E... Non vos esquezades de  etiquetar cada foto ou vídeo con: @voznatura para que podamos ver todo o que publicades! 

***************************************************************************************************************

Estreamos un novo ano e nova proposta!:
Durante o mes de xaneiro, o reto é: Divulgamos para previr e solucionar os problemas ambientais e promocionar o desenvolvemento sostible. Hashtag: #RetoDivulgamos

É dicir, ás fotos ou vídeos dos retos que subades ao longo do mes de decembro, debedes engadir: #Accion25VozNatura,#RetoDivulgamos (ademais de  etiquetarnos con: @voznatura).

E, para que poidades planificar as vosas accións ambientais da presente 25 edición Voz Natura, adiantámosvos os retos dos próximos meses:

Febreiro: Aforramos Enerxía. #RetoAforramos 
Marzo: Plantamos. #RetoPlantamos
Abril: Concienciamos (25 ideas para protexer a Terra). #RetoConcienciamos 
Maio: Reciclamos. #RetoReciclamos 
Xuño: Presumimos (despois do traballo durante o curso, presumimos dos resultados). #RetoPresumimos

Comparte os teus logros ambientais!