Día oficial de comienzo do curso escolar. Miles de alumnos galegos e os seus educadores comezan a desenvolver e levar a cabo os seus proxectos medioambientales Voz Natura.
Día Internacional da Preservación da Capa de Ozono
En 1994, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu conmemorar cada 16 de setembro o Día Mundial para a Preservación da Capa de Ozono. A data recorda o día en que, en 1987, se asinou o Protocolo de Montreal, o primeiro gran acordo mundial sobre un tema ambiental polo que os países implicados se comprometían a reducir á metade a produción de gases nocivos para o ozono nun prazo de dez anos. O obxectivo desta efeméride é sensibilizar á opinión pública sobre un dos asuntos máis relevantes na axenda ecolóxica do planeta. En 1985, o descubrimento do “buraco da capa de ozono” fixo saltar todas as alarmas. Moitos anos antes, comezara a produción e o uso masivo de gases como os CFC, que actúan directamente contra o ozono, deixando á Terra desprovista da súa protección contra as radiacións ultravioletas. A comunidade internacional foi rápida e efectiva: entre 1988 e 1996, conseguiuse reducir nun 80 por cento a produción de CFC e outros gases agresivos co ozono. Máis información: Tecnozono
Día Mundial Sen Coches
Coa celebración do Día Mundial sen coches culmina a Semana Europea da Movilidade. Aínda que foi nos últimos anos cando esta cita cobrou maior protagonismo, as súas orixes remóntanse aos anos setenta. En 1974, diversos gobernos tiveron a idea de celebrar un Día sen Coches, ante a crise enerxética que sufrían. A mediados dos oitenta, foron os ecoloxistas os que recuperaron a idea e, a mediados dos noventa, xurdiron novas iniciativas enfocadas xa ás xornadas de máis tráfico: os días laborables. A partir do ano 2000, a Comisión Europea apoia o día A cidade, sen o meu coche, o 22 de setembro, coa colaboración dos gobernos de cada país e, por suposto, das institucións municipais que secundan a proposta organizando diversos actos para concienciar aos seus veciños.
Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos
O 29 de setembro do 2020 o mundo celebra por primeira vez o Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos, decretado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas que recoñeceu o papel fundamental que desempeña a produción sostible de alimentos na promoción da seguridade alimentaria e a nutrición.
A pandemia mundial de COVID-19, provocou un espertar mundial sobre a necesidade de transformar e reequilibrar a forma en que se producen e consomen os nosos alimentos. Cando se perden ou desperdician, todos os recursos que se utilizan para producir alimentos, incluídos a auga, a terra, a enerxía, a man de obra e o capital, son malgastados. Ademais, a eliminación destes alimentos en entulleiras xera emisións de gases de efecto invernadoiro que contribúen ao cambio climático.
Este novo Día Internacional enfróntase a moitos desafíos para alcanzar metas de "Consumo e produción responsables" que contribuirán á loita contra a fame Cero e o Cambio climático.Reducir a perda e o desperdicio de alimentos require a atención e as accións de todos, desde os produtores de alimentos ata as partes interesadas da cadea de subministración de alimentos, as industrias alimentarias, os comerciantes polo miúdo e os consumidores.
Esta conmemoración foi establecida polo Consello de Administración da Organización Marítima Mundial (OMI). Celebrouse por primeira vez en 1978, cando entrou en vigor a Convención da Organización Consultiva Marítima Intergobernamental (OCMI). En xeral, a xornada pretende chamar a atención sobre a seguridade e eficiencia das operacións marítimas internacionais e sobre a necesidade de previr a contaminación mariña. Outro dos obxectivos é avaliar a situación actual relacionada co quentamento global do planeta e a elevación do nivel do mar que se prevé orixine.
A celebración permite facer balance e mirar cara atrás, pero tamén penetrarse no futuro, abordando os retos actuais e futuros do transporte marítimo internacional. Desta forma, realízase unha contribución continua cara a un crecemento sustentable para todos.
SETEMBRO // 2021
Lun
Mar
Mér
Xo
Ven
Sáb
Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Voz Natura: ¡comeza un novo curso!