CAST | GAL

Vixésima segunda edición (2018-2019)

Voz Natura convoca o seu noveno concurso de blogues educativos

 

Voz Natura pon en marcha unha nova edición do seu concurso de blogues de divulgación ambiental. O obxectivo desta iniciativa é impulsar aos docentes que dirixan un proxecto do programa Voz Natura a producir contidos educativos dixitais. Búscase así que se promova a xeración de espazos e redes de intercambio na comunidade educativa, así como trasladar á sociedade as inquietudes ambientais dos centros participantes no programa.

Poden participar todos os centros educativos inscritos no programa Voz Natura no curso 2018/2019. Tamén os profesores e educadores dos devanditos centros que cren un blogue do proxecto ambiental que leve a cabo.

Poderán ser blogues abertos en anteriores edicións ou blogues de nova creación, a condición de que inclúan contidos das actividades desenvoltas ao longo do presente curso escolar. Toda a información sobre as bases pódese consultar na sección de "Blogs" da web de Voz Natura.

Así se coida a natureza!

Non é o dos blogues o único certame. Tamén se abre a sétima edición do concurso de vídeos Así se coida a natureza!. Activarase en abril do 2019 e desenvolverase a través dunha aplicación en Facebook.

Perséguese mostrar como se coidaron os ecosistemas ou como se protexeu o medio ambiente. É un concurso aberto, poden participar todo tipo de colectivos ou particulares aínda que non formen parte da comunidade Voz Natura. #FaiGaliciaVerde.