CAST | GAL

Vixésima segunda edición (2018-2019)

Un bosque de ilusións para o cole da Inmaculada

 
O CPR Seminario Diocesano Menor, A Inmaculada, de Ourense súmase á proposta de Voz Natura, o programa de educación ambiental de La Voz de Galicia que foi desenvolto pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e que conta xa con 12 anos de percorrido.

Baixo a imperante necesidade de protexer, recuperar e darlle valor á riqueza dos montes e os bosques galegos, xorde a idea de concienciar e implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza.

Nesta liña, o centro ourensán sensibilizouse coa  casuística e sumouse á lista de colexios que abordan traballos relacionados co coidado do medio ambiente. Para iso, a propia institución estableceu nas súas aulas un proxecto ao que chamaron O bosque animado.

Os mozos deste colexio, con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, entrarán en contacto coa natureza galega mediante actividades ao aire libre. Os alumnos formaranse en materia de coidados dos hortos e os xardíns, en protección dos montes e na reforestación. Ademais, practicarán sendeirismo no bosque que amuralla e recolle ao centro. Tanto é así que o Comité Educativo ha proposto que os propios alumnos sexan os deseñadores da ruta.

Os alumnos implicados neste proxecto deberán calzarse as botas e poñerse a bata para facer fronte, in situ, a investigacións sobre a fauna e a flora, coa finalidade de adquirir coñecementos e habilidades na protección e conservación do ecosistema rexional.

Así mesmo, tras proceder a eliminar as flores, concretamente as mimosas, que creceran na zona forestal das inmediacións da escola, os adolescentes deberán encargarse de manter os camiños de tránsito do bosque limpos e de sinalizar as árbores que conviven alí.

Esta iniciativa contribúe á conservación da biodiversidade dos montes e os bosques galegos e ao desenvolvemento dunha labor de conciencia social sobre a actual problemática dos incendios forestais, que se producen nas terras galegas cada ano de maneira arrasadora e prexudicial para os pulmóns arbóreos de Galicia.

Entendendo todo este armazón que conflúe na importancia de preservar a natureza, A Inmaculada propuxo un plan no que os seus alumnos teñen que «crear» unha área forestal. A idea foi admitida e acollida polos mozos con ilusión, de modo que deron vida unha especie de «bosque encantado» no que decoraron árbores e pintado nas rocas. Usaron pinturas naturais ecolóxicas que se integran facilmente coa contorna e dótano de harmonía. #FaiGaliciaVerde.