CAST | GAL

Décimo sétima edición (2013-2014)

A festa fin de curso será o sábado 7 de xuño

 
Para marcar en vermello nas axendas e reservar xa o día. O sábado 7 de xuño é a data na que a que celebraremos a festa fin de curso. Voz Natura despedirá a súa 17.ª edición e, como todos os anos, farémolo ao grande cunha gran celebración que se prolongará durante toda a xornada e incluirá un programa repleto de propostas de todo tipo.

Durante os próximos meses irase perfilando a oferta de actividades de lecer, lúdicas e deportivas dunha festa á que Voz Natura invita a todos os que desexen asitir, participen ou non no programa. A entrada será libre e a participación nas actividades completamente gratuíta.

Premios 
A festa, na que se clausurará esta edición de Voz Natura dedicada á protección dos ríos e as praias, entregaranse os galardóns finais do curso. O mellor traballo dos 307 que se están executando este ano será recoñecido co premio Galicia. Ademais entregarase catro recoñecementos provinciais, outro ao mellor proxecto infantil e tamén ao gañador do concurso de blogues Voz Natura. Estas semanas, o comité científico do programa está a visitar todos os centros para avaliar os proxectos e tomar nota de cara á concesión dos premios.