CAST | GAL

Décimo tercera edición (2009-2010)

Voz Natura aposta pola reciclaxe de cedés e deuvedés

 
Carcasas de impresoras e ordenadores, mandos a distancia, faros ou cadros de mandos de coche son só algúns dos obxectos que poden fabricarse aproveitando o policarbonato que compón os cedés e deuvedés. Darlle unha segunda vida a estes soportes ópticos é o obxectivo da campaña que Voz Natura desenvolve nos seus 260 centros, da man do proxecto Cederika.

Institucións como a Universidade de Santiago de Compostela, o Inega ou o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña xa participan activamente neste proxecto ao que agora se suman o noso programa.

Os centros Voz Natura dispoñen xa de colectores especiais para depositar estes residuos, tanto os xerados no propio centro como os que os escolares leven das súas casas.

Cando os colectores estean case cheos, os centros deben comunicarse con Cederika para concertar a recollida. Poden optar por tres vías para realizar esta comunicación: 
- A través da web www.cederika.com 
- Llámando ao 902 10 52 25 
- Enviando un correo electrónico a voznatura@lavoz.es

A final de curso, os centros recibirán un certificado de participación e aqueles que o soliciten tamén poderán dispor da documentación necesaria para as certificacións ISO 14.000 ou EMAS.

Policarbonato 
Os cedés e deuvedés non están considerados como residuos tóxicos nin perigosos. Con todo, os seus efectos nocivos para o medio ambiente pasan polo elevado tempo de descomposición (centos de anos) e o desaprovechamiento dunha materia prima potencialmente reciclable como é o policarbonato, do que están compostos os discos ópticos nun 99%.

Con este iniciativa, Voz Natura promove, unha vez máis, a separación dos residuos nos centros e, neste caso, o aproveitamento dunha materia prima con elevado valor técnico.