CAST | GAL

O REPORTEIRO

Centros Voz Natura | Aventuras

 

Nesta sección poderedes atopar información diaria e in situ dos proxectos ambientais que se están levando a cabo nos distintos centros participantes. Non cho podes perder, se cadra o noso reporteiro xa visitou o teu colexio ou está preto, mírao no mapa!
AVENTURAS RECENTES

Retos ecolóxicos no CEIP Portofaro

Os alumnos e alumnas deste centro de Culleredo demóstrannos a súa enorme implicación coa eliminación de plásticos non só nas aulas senón tamén chegando ás familias, facéndoas participes deste gran proxecto. Un exemplo a seguir!

Concienciar e sensibilizar

Concienciar e sensibilizar

Os escolares do CEIP de Figueiroa na Estrada comezarán este Nadal coa súa campaña Desplastifícate!, unha iniciativa que chegará á comunidade educativa a través dun tríptico con información sobre o ciclo de vida dos plásticos, os seus diferentes tipos, ideas para substituílos e consellos para reducir a contaminación a través dun consumo responsable e a correcta separación dos residuos.

Arte e natureza: achéganse as Navidades

Arte e natureza: achéganse as Navidades

No CEIP Pío XII de Santiago de Compostela plantan no seu invernadoiro, incentivan a creatividade dos seus alumnos cunha marabillosa mestura de arte e elementos naturais e ademais anúnciannos a chegada da época invernal con estas árbores feitas con fíos de coser.

A píllara da duna

A píllara da duna

O CEIP de Palmeira encárgase este ano de coidar e dar a coñecer á píllara da duna. O tamén coñecido como chorlitejo patinegro foi elixido Ave do Ano 2019 pola oenegué SEO/BirdLife tras detectar que a especie se enfronta a numerosas ameazas que lle levaron a perder un 70 % da súa poboación no últimos dez anos nalgunhas áreas. Os alumnos de Ribeira aprenden o que é un ecosistema dunar e conciencíanse sobre a necesidade de protexer a unha especie en perigo.

Probando as laranxas

O director do CEIP Salustiano Rei Eiras de Pobra do Caramiñal convidounos a probar as estupendas laranxas dun dos moitos froiteiros plantados con Voz Natura ao longo dos anos. Os escolares aproveitaron tamén para plantar no invernadoiro!

De outono a inverno: reciclando en Vagalume

A Escola Infantil Vagalume de Vilagarcía de Arousa realiza talleres de reciclaxe de distintos materiais plásticos para darlles unha nova vida como adornos otoñales e do Nadal. A primeira R da nosa regra é Rexeitar, sempre que se poida, pero unha vez xerado o residuo, tentemos darlle un novo uso!

Non máis plástico!

Os alumnos do CEIP de Seixalbo en Ourense teñen algo que contarnos. Tomade nota!

Patios máis verdes

Patios máis verdes

Desde o CEIP Anexo A Lomba de Vilagarcía de Arousa saben como humanizar o seu patio. Unha tendencia moi destacable en gran parte dos centros participantes en Voz Natura, conseguir espazos máis verdes. Unha auténtica marabilla!

Microplásticos no mar

Microplásticos no mar

Os escolares do CEIP Rosalía de Castro de Padrón recolleron mostras de distintas praias do litoral galego co fin de analizalas, atopar a presenza de plásticos de gran tamaño, microplásticos e calquera outro residuo contaminante. Unha actividade de observación e experimentación fabulosa que vos recomendamos practicar.

Plantando pola igualdade

Plantando pola igualdade

No Día Internacional contra a Violencia de Xénero os alumnos da Escola Infantil Meniños plantan simbólicamente para erradicar esta secuela, demostrando así que as educación ambiental é transversal.

Un proxecto multidisciplinar

Un proxecto multidisciplinar

Un horto escolar, un hotel de insectos e caixas niño feitas coa colaboración das familias e unha campaña para a redución do plástico. Estas son algunhas das iniciativas do CEIP de Marcón, en Pontevedra, para converter ó centro nun referente ambiental para a comunidade educativa.

Novos participantes en Voz Natura

Novos participantes en Voz Natura

No CEIP A Doblada de Vigo son expertos en aproveitar espazos e materiais. Caixas, caixóns e botellas de plástico son o seu particular horto escolar no que, desde os pequenos aos maiores do centro, pasan a aprender e gozar.

Un herbario especial

As paredes do CEIP A Reigosa están decoradas con este estupendo herbario para que os alumnos aprendan a recoñecer os diferentes tipos de árbores, as súas follas e froitos.

Espazo Natura

Espazo Natura

No Colexio Montesol de Vigo non só crearon un espazo para o seu viveiro de árbores, senón que tamén reutilizan botellas como recipientes para o sementeiro, decoran o centro e aprenden sobre o outono e ensinan ás familias o seu esforzo por reciclar. Até nas xanelas colocan elementos para concienciar!

Planificando actividades

Planificando actividades

Os mestres e mestras son os catalizadores dos proxectos Voz Natura, os responsables de que o proxecto salga adiante. No CEIP de Chancelas, en Pontevedra, utilizan este taboleiro para que todo o mundo teña oportunidade de achegar ideas, planificar actividades e compartir información. Este ano están a preparar un calendario ambiental, unha idea estupenda!

Aprendendo a separar e reciclar

Aprendendo a separar e reciclar

Na Escola Infantil Monte do Alba de Vigo aprenden a separar os residuos y reciclar.

Concienciando e sensibilizando

Chegan os carteis Voz Natura aos centros e con eles toda a comunidade educativa, incluídas as familias, poden informarse dos proxectos ambientais dos colexios, neste caso do CEP Santa Mariña en Redondela.

Chega o inverno ás hortas

Chega o inverno á horta do CEIP de Laredo, e con el a plantación de verzas, repolos, acelgas e toda a verdura que os escolares de Chapela poderán degustar. Cando as plantas ti sabe mellor!

Acantilados de Vixía da Herbeira

Os acantilados de Vixía de Herbeira son os acantilados con maior cota sobre o nivel de mar da Europa continental, con 613 metros de altura. Un tesouro natural situado entre Cariño e Cedeira.

Reciclando con imaxinación

Reciclando con imaxinación

No CEIP A Laxe - Valón, en Ferrol, sí que saben reciclar con moito arte!

#senplastiFICAR

#senplastiFICAR

Este é o nome que escolleron no CPR Jorge Juan de Xuvia para comezar un proxecto destinado a reducir e tentar eliminar o uso dos plásticos no centro. Os seus obradoiros de reciclaxe de materiais plásticos conseguiron crear verdadeiras obras de artesanía, e tamén elementos decorativos con participantes desde as idades máis pequenas. Manterémosvos informados das súas ideas, son todo un exemplo de creatividade!

Un invernadoiro e algo máis

Un invernadoiro e algo máis

O CEIP Ramón Otero Pedrayo de Laracha estrea non só un gran invernadoiro no que os escolares poderán cultivar, senón tamén espazo no que crear sementeiros e aprender, unha aula de natureza fantástica!

Unhas cabazas terroríficas

Unhas cabazas terroríficas

A exposición de cabazas do CEIP de Palmeira é todo un espectáculo!

Chega o Samaín

Chega o Samaín

Os alumnos do CPR Cervantes de Lugo celebraron un Samaín moi especial. En palabras de Gonzalo Castro, director do centro: "Facemos unha actividade de manualidades de material reciclado coas persoas das residencias da terceira idade. Fixeron uns broches con forma de cabaza e de morcego para as persoas maiores. Para nós son moi importantes as actividades de educación ínterxeneracional"

Exposición de cogumelos

Exposición de cogumelos

A semana do 28 de outubro ao 1 de novembro, os membros do comité científico de Voz Natura José Antonio Díaz, Antonio Prunell e Elvira Sahuquillo, organizaron unhas xornadas micolóxicas que culminaron nunha exposición con máis de cento cincuenta especies na Facultade de Ciencias da UDC.

A praia de Lapamán

A natureza tamén hai que gozala observando a súa beleza, así aprenderemos a querela e a respectala.

Caixas sensoriais

No EEI de Gondomar crearon estas caixas sensoriais para que os seus alumnos poidan gozar e aprender da chegada do Outono.

Unha charca chea de vida

Unha charca chea de vida

No CPR Eduardo Pondal de Cangas teñen unha charca chea de vida: ras, tritones, carpas e até unha garza parouse por este marabilloso espazo.

Bos prácticas, boas costumes

No IES A Sangriña da Guarda manteñen limpo o centro con colectores para a separación de residuos e a reciclaxe. É importante que os escolares vexan estas papeleiras preto e afáganse a usalas todos os días, xerando así un costume que lle acompañará toda a vida. Pequenos xestos que marcan a diferenza!

Galiñas na Guarda

Galiñas na Guarda

Na Asociación Avelaíña da Guarda atrevéronse coa cría de galiñas e vailles fenomenal. Este ano ademais, colaborarán cos centros escolares da zona en distintas actividades ambientais.

O río Tomeza

A Asociación Vaipolorío leva anos traballando pola conservación do río Tomeza. Ao final do vídeo poderedes ver os resultados do seu esforzo. Vida no río!

Creando novos espazos

Creando novos espazos

Así de ben quedou a horta do EEI Areal de Sabarís, en Baiona. Este ano ademais contan cun invernadoiro novo que complementa a este fantástico espazo. As familias participan activamente nas actividades ambientais do centro.

Hotel de insectos

Hotel de insectos

Asi loce o hotel de insectos do CEIP da Cruz-Budiño. Unha iniciativa á que cada vez máis participantes anímanse para fomentar a biodiversidade da súa zona.

Patos no CEIP Albino Núñez!

Patos no CEIP Albino Núñez!

Os alumnos do CEIP Albino Núñez teñen novos compañeiros que habitarán parte do pequeno bosque que rodea ao centro. Coñecer, respectar e coidar aos animais é parte da educación ambiental e para a vida que debemos transmitir ás futuras xeracións. Os pequenos están entusiasmados cos patos!

Un invernadoiro de flores

Un invernadoiro de flores

No CEIP de San Cosme de Barreiros van encher de flores o seu invernadoiro feito con botellas de plástico recicladas. Unha idea fantástica!

Galdo polo medioambiente

Galdo polo medioambiente

A sensibilidade ambiental da comunidade escolar do CEIP Santa Rita de Galdo, en Viveiro, levou ao centro a impulsar unha campaña para a redución do plástico. En palabras da súa coordinadora: "non queremos ser meros espectadores da situación de emerxencia climática que estamos a vivir." É hora de actuar!

Identificando diferentes tipos de plásticos

Identificando diferentes tipos de plásticos

No IES Val do Asma de Chantada están a levar a cabo un inventario de diferentes tipos de plásticos para coñecer as súas características. Un reto durante o curso será manter o centro limpo así como a ribeira do río Asma.

As consecuencias dun incendio forestal

Este é o terrible impacto do incendio forestal de Monforte de Lemos de principios de setembro. Unha imaxe desoladora contra a que debemos loitar para que non se volva a repetir.

Buscando alternativas ó plástico

Pregunta: como crear un pegamento consistente sen elementos plásticos? Miguel Leiva, do Seminario Diocesano de Lugo, dános a resposta. Vos soprenderá!

A charca do Arenteiro

A charca do Arenteiro

Unha charca é unha pequena biocenosis na que estudar e coñecer o noso medio natural. No Colexio Vila do Arenteiro tomaron boa nota diso coidando este espazo e aproveitándoo como recurso didáctico para os seus alumnos.

Recreos Residuos Cero

Recreos Residuos Cero

No CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, en Ourense, crearon este reto para que os seus alumnos tomen conciencia sobre o impacto dos residuos xerados na escola. A intención é reducir ou mesmo eliminar o uso de bricks, palliñas, envases de plástico e aluminio e bollería industrial. 

Traballando no invernadoiro

Traballando no invernadoiro

O invernadoiro do CEIP de San Clodio a pleno funcionamento!

Reciclaxe creativo

Reciclaxe creativo

No CEIP Amaro Refojo de Verín aproveitaron estes colectores para cultivar as súas fresas. Así mesmo, a CEE Miño de Ourense tamén agudiza o enxeño para darlle unha nova vida a esta cadeira do colexio. Todo un exemplo de reciclaxe creativa.

Un biorexio moi especial

Un biorexio moi especial

Os alumnos do IES N°1 do Carballiño crearon este biorefuxio con adaptacións específicas para morcegos, feito con materiais naturais como son a madeira e a cortiza. O coordinador do proxecto e a directora do centro foron os encargados de doar a Voz Natura este elemento tan orixinal .

Coidando o río Lor

Coidando o río Lor

Visitamos o río Lor ao seu paso por Seoane do Courel. Un tramo que os alumnos do CPI Poeta Uxío Novoneyra coidan e limpan todos os anos. Fan un grandísimo traballo, o río está nun gran estado de conservación.

Recunchos Voz Natura

Recunchos Voz Natura

Os centros xa preparan os seus recunchos para seguir o proxecto, informar as familias e facer participes a todos os actores da comunidade escolar das súas actividades ambientais. O CEIP Monte Baliño, en Ferreira de Pantón, é un bo exemplo diso.

Recollendo a colleita

Recollendo a colleita

Comeza o curso e con el unha actividade moi satisfactoria para os alumnos do Colexio Padres Escolapios de Monforte de Lemos. Aquí vémoslles recollendo os tomates do seu invernadoiro, algúns dun tamaño espectacular.

O Comité Científico en ruta!

O Comité Científico en ruta!

Hoxe comezan as visitas do Comité Científico polos 375 centros participantes. Lugo será a primeira provincia en recibirnos. Bo comezo de curso a todos!

Síguenos en nuestras redes

¡No te pierdas nada!