CAST
|
GAL

VOZ NATURA EN ACCIÓN

¡Participa en nuestras actividades!

 

CURSO 2020-2021

Miles de escolares volven ás aulas en Galicia e con eles ponse en marcha a 24.ª edición de Voz Natura. O noso programa ambiental tamén se tivo que adaptar aos novos tempos trazando os seus propios protocolos para que a edición poida seguir adiante coa máxima seguridade nos 365 centros participantes.

Voz Natura convértese este curso no mellor aliado de moitos colexios e institutos para fomentar as actividades no exterior. Mantendo os denominados grupos estables de convivencia, os escolares aproveitarán para realizar actividades ao aire libre dentro do recinto educativo —os hortos terán máis peso que nunca, se cabe— ou fóra das súas instalacións, aqueles que teñan preto os ecosistemas nos que tivesen previsto actuar. 

Nalgúns casos, os equipos Voz Natura viron como a situación actual fai imposible desenvolver algunha parte do seu proxecto. Neles, os coordinadores de cada traballo están xa propondo á organización do programa unha reorientación dos proxectos, substituíndo por outras as accións que non van poder levar a cabo, polo menos nestes primeiros meses. As actividades en liña e os blogues serán tamén un bo aliado para seguir profundando na educación ambiental durante este atípico curso. 

¡Imos alá!



 

24ª edición en imaxes

 
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido

 

RECURSOS

LISTADO DE CENTROS PARTICIPANTES E PROXECTOS
BASES
CARTEL 24ª EDICIÓN
CALENDARIO 20-21