CAST | GAL

VOZ NATURA EN ACCIÓN

Participa das nosas actividades!

 

¡ESTAMOS DE 25 ANIVERSARIO!

Comeza unha edición moi especial para toda a familia Voz Natura. O noso programa de educación cumpre 25 anos neste curso 2021-2022. Cos 365 centros e asociacións participantes este ano, imos conmemorar este aniversario tan especial e a render unha homenaxe a todos os profesores e alumnos que converteron a esta  inciativa nun referencia na defensa do medio ambiente desde as aulas.

Os traballos desta edición abarcarán todo tipo de temas. Seguiremos  reforestando e plantando, limpando praias e ríos, coidando todos os ecosistemas, reciclando e, sempre, concienciando. A protección e defensa dos espazos naturais do Camiño de Santiago -tema  descatado da pasada edición- seguirá moi presente con proxectos de continuidade.

Ademais, durante todo o curso, Voz Natura organizará diversas actividades especiais cos centros participantes para conmemorar o 25 aniversario. Estade atentos porque esta edición de Voz Natura, promete sorpresas!



 

RECURSOS

CARTEL 25ª EDICIÓN
CALENDARIO 21-22
LISTADO DE CENTROS PARTICIPANTES E PROXECTOS
BASES