José Enrique Fernández

¿Nos cuentas una experiencia/proyecto/iniciativa que te influyó especialmente para innovar en tu forma de educar?

En marzo de 1988 eu estaba a estudar C.O.U. cando, grazas a invitación do profesor Pablo Rodríguez Fernández, o coñecido ”Oitabén”, visitei xunto
cun compañeiro e o pai deste o bosque de Ridimoas. Daquela levamos a cabo unha “tentativa” de traballo de aproximación á contorna natural en
Beade. Presentamos o traballo no contexto da asignatura de Bioloxía, impartida polo profesor Jesús L. Sánchez Pérez, do que anos máis tarde tiven o privilexio de ser compañeiro no colexio. Aquel ano 1988 Pablo “Oitabén” foi un dos fundadores da Asociación Cultural-Ecóloxica Ridimoas, e a posibilidade de percorrer con el aquel bosque coido que me fixo ver as posibilidades da natureza no contexto do que anos máis tarde pasaría a
chamarse innovación educativa.


¿Nos cuentas una anécdota?


Unha non, dúas. Durante un par de semanas de xullo de 1996 fun o director dun espectacular equipo de animación no campamento xuvenil da illa de Ons. Daquela todo era moi precario, e o material funxible para levar a cabo actividades tardou en chegar máis dunha semana. Os monitores daquel campamento sacamos petróleo dos escasísimos recursos que aportaba a illa e a instalación, e replantexamos o campamento como unha travesía pirata, que enganchou ás mozas e mozos, que desfrutaron moitísimo. Imaxinación ao servizo da educación e do ocio.


En outubro de 2009, logo de pasar un fermoso día de outono percorrendo cuns amigos o sendeiro norte da Reserva Integral de Muniellos,
volta na Casa Xuaquín, un encantador aloxamento rural en Moal, un dos amigos coméntame “esta ruta non ten premio”. Nun primeiro momento
non fun quen de entender o comentario, cando tivemos a fortuna de ter un día expléndido sorteando vallinas, escoitando raposos, osos e pitas do
monte, e desfrutando do paso por un canchal de cuarcita dun nutrido grupo de corzos. Máis tarde comprendín que non se trata tanto da proposta
que fagamos como educadores, senón de que sexamos quen de chegar aos centros de interese dos destinatarios das nosas actividades.

¿Una reflexión/cita/idea/persona inspiradora?

A miña xeración formouse entre libros de Gerald Durrell, Robert Huxley ou Michael Chinery e os audiovisuais que botaban pola tele de David Attenborough… quen tiña un coñecido que puidera grabalos en vhs tiña ou tesouro !!! Hoxe temos acceso a infinita información, polo que se fai tan
necesaria a figura do educador para guiar e orientar ás novas xeracións no crecemento persoal e no coidado e respeto da contorna.

¿Una sugerencia a las personas educadoras para innovar en educación?

Xosé Santos Otero, bo axente forestal e mellor amigo, díxome hai anos durante unha actividade “se un ou dous destes interiorizan o que lle estamos a contar e o aplican no día a día das súas vidas, xa temos moito gañado”. Pois tentemos que sexan tres ou catro.

Categories: Educadores Senior