¿Queres participar en Voz Natura?
Aberto o prazo de inscrición para participar na próxima edición Voz Natura, curso 2021/2022.
Nesta edición, que comezará en setembro, o programa cumprirá 25 anos protexendo e recuperando os ecosistemas galegos polo que, para conmemorar o aniversario e dar protagonismo a todos os temas que se abordaron nestes anos, deixamos total liberdade para seleccionar a temática dos proxectos, sen propoñer ningún tema central.
Sabemos que terán especial relevancia os traballos que máis destacaron nestes 25 anos: reforestacións e plantacións para loitar contra os incendios, recuperacións de todo tipo de ecosistemas, limpezas de praias e ríos, redución e reciclaxe de residuos, protección da biodiversidade e desenvolvemento sostible ademais de todo tipo de propostas para concienciar no coidado do medio ambiente. Tedes xa preparado o voso proxecto de actuación?
Os centros educativos e asociacións que vos animedes a participar poderedes presentar os vosos proxectos ata o 15 de marzo e, se necesitades asesoramento para deseñar o proxecto, podedes poñervos en contacto connosco enviando un correo electrónico a voznatura@lavoz.es
Esperámosvos!