VOZ NATURA EN ACCIÓN

Actividades   |   Voz Natura en acción

 

COÑECE O  MUNCYT!: VISITAS GUIADAS E TALLERES EDUCATIVOS VIRTUAIS


A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía activan, un ano máis, o programa de visitas guiadas e talleres educativos do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía ( Muncyt) da Coruña, para os centros participantes na actual edición Voz Natura.

Nova proposta virtual
Nesta edición, e debido á crise sanitaria do coronavirus, o  Muncyt pon en marcha visitas comentadas e actividades en modalidade virtual como alternativa para os centros que non poidan desprazarse ata o museo para realizar as súas actividades de maneira presencial.

Oferta de actividades
- VISITAS VIRTUAIS: as visitas polo museo realizaranse a través de retos e actividades en liña con diferentes itinerarios a elixir.

Observación: Un dos itinerarios temáticos que ofrecen é específico de Voz Natura: baixo o lema “Coidar a nosa contorna é o bo camiño”, o alumnado realizará unha actividade participativa e crítica na que as pezas da colección (medios de transporte, uso da enerxía, evolución dos materiais, etc.) servirán para debater sobre posibles efectos contaminantes da tecnoloxía na nosa contorna.

- CHARLAS EDUCATIVAS: videoconferencias (a través de URL enviada polo museo) de temáticas diferentes e que serán impartidas polo divulgador científico Manuel Vicente, ata o mes de maio.  
 
Ligazóns coa información completa dos itinerarios, as distintas charlas, obxectivos didácticos, calendario e as opcións de reserva: 

· Charlas educativas: https:// tinyurl. com/e2 xcxmwx

Reservas 
Todos aqueles centros interesados en sumarse ao programa de visitas do  Muncyt poden solicitalo desde agora a través da propia web do museo,  especificando no apartado de observacións do formulario, que participan na actual edición de Voz Natura. Unha vez cuberto, débese enviar por correo electrónico a reservascor@muncyt.es.
Tamén se pode coñecer a dispoñibilidade e realizar as reservas no teléfono: 689 578 727

Solicita xa o teu reserva!