ECO-RETOS VOZ NATURA
Continuamos con esta actividade, posta en marcha na pasada edición, co obxectivo de seguir impulsando a acción e concienciación ambiental.
Como?
É moi sinxelo. Só tedes que mostrarnos en redes sociais o que estades a facer polo medio ambiente… Que é moito!
Cada mes, propoñerémosvos un eco-reto para realizar accións de recuperación ou defensa ambiental no cole, en casa, con amigos, etc.
Cando o consigades, sacades unha foto ou facedes un vídeo cortito (menos dun minuto) e subídelo a Facebook ou a Instagram, engadindo o hashtag #AccionVozNatura e o hashtag de cada mes.
E... Non vos esquezades de etiquetar cada foto ou vídeo con: @voznatura para que podamos ver todo o que publicades!
No mes de No mes de febreiro, o reto é: Aforramos enerxía para reducir a contaminación ambiental e contribuír ao desenvolvemento sostible. Hashtag: #RetoAforramos
É dicir, ás fotos ou vídeos dos retos que subades ao longo deste mes de febreiro, debedes engadir: #AccionVozNatura, #RetoAforramos (ademais de etiquetarnos con: @voznatura).
E, para que poidades planificar as vosas accións ambientais da presente 26.ª edición Voz Natura, adiantámosvos os retos dos próximos meses:
◦ Marzo: Plantamos. #RetoPlantamos
◦ Abril: Concienciamos (ideas para protexer a Terra). #RetoConcienciamos
◦ Maio: Reciclamos. #RetoReciclamos
◦ Xuño: Presumimos (despois do traballo durante o curso, presumimos dos resultados). #RetoPresumimos
Comparte os teus logros ambientais!