CAST | GAL

ACTUALIDADE

Volver

 

Voz Natura fallará os seus premios o Día do Medio Ambiente


Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, o 5 de xuño, o programa de educación ambiental Voz Natura desvelará o nome dos equipos (escolas infantís, colexios, institutos ou asociacións) que este curso executaron os proxectos ecolóxicos máis destacados.

O programa de La Voz de Galicia desenvolto pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, outorgará o gran premio Galicia ao mellor traballo dos 360 que se están realizando. Ademais, entregaranse catro premios provinciais e un ao mellor traballo infantil de Galicia. Todos eles recibirán, ademais do recoñecemento da comunidade Voz Natura, unha achega económica para as súas actuacións ambientais.

Ademais destes, entregarase tamén un premio ao mellor blogue da comunidade virtual de Voz Natura e un galardón ao gañador do concurso de vídeos ambientais que se está desenvolvendo nestes momentos a través da páxina en Facebook do programa.

A entrega de galardóns, o 14 de  xuño
El Museo de prensa e artes gráficas de La Voz de Galicia será este ano, por primeira vez, o escenario da entrega dos premios Voz Natura. Este acto, no que os premiados serán os protagonistas, tomará a substitución á tradicional festa fin de curso que este ano deixa de celebrarse para abrir unha nova etapa no programa.

Os equipos premiados reuniranse o 14 de xuño para recoller os seus galardóns, que nesta edición incrementan a súa contía, e intercambiar experiencias no transcurso dun evento no que se explicarán os seus traballos e os motivos polos que o comité científico do programa seleccionounos como os mellores da edición.

Poucos días despois de pechar o curso 2018-2019, Voz Natura fará publico a listaxe de admitidos para a próxima edición. #FaiGaliciaVerde.