CAST | GAL
 
Día Mundial do Hábitat

Seguindo unha recomendación da Comisión de Asentamentos Humanos, a Asemblea Xeral da ONU designou o primeiro luns de outubro como Día Mundial do Hábitat. A primeira conmemoración, en 1986, coincidiu co décimo aniversario da primeira reunión mundial sobre o tema: Conferencia das Nacións Unidas sobre Asentamentos Humanos, celebrada en Vancouver. Ao mesmo tempo, a ONU creou unha axencia especializada, o Centro das Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos, para tratar de mellorar as condicións de vida das cidades.

Máis información: 
Rede Europea de Coñecemento Urbano

Día Internacional da Protección dos Animais

O 4 de outubro, festividade de San Francisco de Asís , celébrase en todo o mundo unha xornada dedicada aos animais. Esta conmemoración fai un chamamento á defensa destes seres, que non sempre reciben o trato máis axeitado por parte dos seres humanos.
A experimentación, as granxas e matadoiros, a utilización de animais en espectáculos, para a industria peleteira ou para investigación deberían facernos reflexionar. Por desgraza, non podemos esquecer os macabros episodios de malos tratos dos animais domésticos. Entre todos, debemos protexer e defender aos animais. 

Máis información:
Dereitos dos animáis.

Día Internacional para a Redución dos Desastres Naturais

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou, o 22 de decembro de 1989, designar o segundo mércores de outubro como o Día Internacional para a Redución dos Desastres Naturais. Unha data que se conmemoraría dentro do decenio 1990-1999, dedicado especialmente a esta temática. Con todo, en 2001, a Asemblea decidiu prolongar e manter esta efeméride máis aló do decenio, como un vehículo para promover unha cultura mundial de prevención e solidariedade ante estas catástrofes.
O Día Internacional para a Redución de Desastres é un evento importante. É un día para resaltar os éxitos e seguir traballando cara ao logro de comunidades máis seguras e resistentes.
A secretaría da Estratexia Internacional para a Redución dos Desastres (UN/ISDR) e a Organización Mundial da Saúde (OMS) levan a cabo campañas de concienciación dos gobernos, organizacións internacionais e rexionais, oenegués e individuos de todo o mundo. 

Máis información: 
Programa das Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos

Día Mundial das Aves Migratorias

No ano 2018, axuntáronse as campañas máis grandes do mundo para a sensibilización e a educación acerca das aves co obxectivo de colaborar para concienciar sobre a necesidade da conservación das aves migratorias e os seus hábitats.
O Día Mundial das Aves Migratorias ( WMBD) ten unha nova dimensión global, ao unir os principais corredores migratorios do mundo, tamén chamados corredores aéreos e, por primeira vez, hai dous días de campaña álxidos: os segundos sábados de maio e de outubro.A campaña é unha ferramenta eficaz para axudar a aumentar a conciencia mundial sobre as ameazas que enfrontan as aves migratorias, a súa importancia ecolóxica, e a necesidade da cooperación internacional para a súa conservación.

Máis información:
BirdLife Internacional
Sociedade Española de Ornitoloxía/BirdLife
Sociedade Galega de Ornitoloxía

Día Mundial da Alimentación

A Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) celebra cada 16 de outubro o Día Mundial da Alimentación, para conmemorar a súa fundación no ano 1945. A finalidade desta conmemoración é concienciar ás poboacións sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra o fame, a desnutrición e a pobreza.
En torno ao 40 por cento da superficie terrestre se destina á agricultura, o que responsabiliza en boa medida aos agricultores da protección da biodiversidade. Máis se cabe agora que os cultivos transxénicos expándense polo planeta a un ritmo acelerado. No polo oposto, a agricultura ecolóxica preséntase como unha opción de futuro para moitos produtores que optan por técnicas máis respectuosas co medio ambiente. 
Así mesmo, a FAO estima que un terzo dos alimentos que se producen no mundo (1.300 millóns de toneladas) pérdese ou se desperdicia. Nos países desenvolvidos, os alimentos refugados polos fogares, as industrias distribuidoras e o sector da restauración liberan grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro. Nos países en desenvolvemento, as pragas, as estruturas de almacenamento defectuosas e as cadeas de subministración ineficientes contribúen en gran medida ás perdas de alimentos.A seguridade alimentaria é unha responsabilidade de todos. É fundamental concienciar sobre o valor dos alimentos e  o seu consumo sustentable xa que o desperdicio alimentario ten un impacto económico, social e ambiental que debemos evitar.

Máis información:
FAO (World Food Day)
MAPAMA (Estratexia "Máis alimento, menos desperdicio")

Día Mundial da Protección da Natureza

Nun momento crítico no que a nosa pegada ecolóxica supera a capacidade do planeta para rexenerar o que se consome, a protección da natureza, convértese nun asunto de prioridade esencial. Debemos tomar as medidas oportunas para construír un futuro baseado no consumo sustentable dos recursos naturais.
O principal obxectivo deste día é crear responsabilidade ambiental xa que é responsabilidade de todos os seres humanos o coidado dos ecosistemas en xeral e da biodiversidade en particular.

Máis información: 
Fundación BiodiversidadeAmbientum

Día Mundial do Aforro de Enerxía

Os obxectivos desta conmemoración son concienciar á sociedade do gasto de enerxía que conlevan as nosas actividades, promover actitudes responsables que nos axuden a aforrar e contribuír a minimizar o noso impacto no  medioambiente.

Aforrar enerxía é unha responsabilidade colectiva e debemos apostar pola produción enerxética sostible e segura que permita a redución das emisións de gases efectos invernadoiro. 

Máis información:
ODS. Obxectivo 7
Máis datos

Día Mundial contra o Cambio Climático

Esta conmemoración foi instaurada pola ONU co obxectivo de mobilizar e sensibilizar a millóns de persoas de todo o mundo sobre os efectos do cambio climático e o grave perigo que conleva o quecemento global. 

A 24ª Conferencia das Partes (COP24) da Convención das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC), celebrada o 23 de setembro de 2019, centrouse en impulsar a acción contra o cambio climático en seis esferas: a transición á enerxía renovable; o financiamento da acción climática e a fixación de prezos do carbono; a redución das emisións da industria; a utilización da natureza como solución; as cidades sostibles e a acción local; e a resistencia ao cambio climático. 

Na Axenda 2030, o Obxectivo 13 (Acción polo clima) ínstanos a adoptar estas e outra medidas para combater o cambio climático e conseguir un futuro seguro e sostible que nos conduza a unha economía verde. 

Máis información:
Nacións Unidas. Acción polo clima
ODS. Obxectivo 13 

Día Mundial da Información sobre Desenvolvemento

Esta conmemoración foi instaurada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas en 1972. A decisión tomouse para facela coincidir co Día das Nacións Unidas, que é tamén a data na que se aprobou en 1970 a Estratexia Internacional do Desenvolvemento para o Segundo Decenio das Nacións Unidas para o Desenvolvemento. 
Este Día Mundial pretende chamar a atención da poboación mundial sobre os problemas que xera o desenvolvemento, coa finalidade de favorecer a cooperación internacional e lograr así a súa resolución. Mellorando a difusión da información, Nacións Unidas considera que logrará promover unha acción global que reduza os impactos negativos que causa o desenvolvemento mal xestionado. 

Máis información: 
Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento
http://www.un.org/es/events/devinfoday

Axencia Española de Cooperación Internacional

OUTUBRO // 2023

Lun
Mar
Mér
Xo
Ven
Sáb
Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31