CAST | GAL

O REPORTEIRO

Centros Voz Natura | Aventuras

 

Nesta sección poderedes atopar información diaria e in situ dos proxectos ambientais que se están levando a cabo nos distintos centros participantes. Non cho podes perder, se cadra o noso reporteiro xa visitou o teu colexio ou está preto, mírao no mapa!
AVENTURAS RECENTES

O Castro de Viladonga

Coñecer o noso patrimonio é fundamental para coñecer a nosa historia. O Castro de Viladonga é un exemplo de asentamento destacado, sobre todo entre os séculos II e V d.C., moi importante para o coñecemento, estudo e comprensión do mundo castrexo tras a conquista romana.

Un xardín vertical

Un xardín vertical

Así nos recibe o CEIP Paradai de Lugo, con este marabilloso xardín vertical. Unha idea que permite aproveitar espazos e naturalizar aqueles recunchos do centro que carecen de verde. Encántanos!

O recuncho verde

O recuncho verde

Un dos lugares que máis nos gusta nos centros é o recuncho verde. Un espazo no que compartir con todo o alumnado e as familias as actividades, noticias e avances dos proxectos ambientais. Na Escola de Educación Infantil se Nogueira de Ramuin contan con este espazo na súa entrada que se irá enchendo de experiencias co paso do curso.

As familias participan en Allariz

As familias participan en Allariz

A Escola Infantil de Allariz ven de participar nunhas xornadas ambientais de limpeza de ríos. En palabras das coordinadoras do proxecto, Sara e Noelia: "O pasado domingo día 26 de Setembro o Centro de educación ambiental do Rexo coa axuda do Concello de Allariz, participou como cada ano na XIV limpeza simultánea de ríos "Mollate polos ríos" co obxectivo de deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social. Aproveitando a actividade coordinada polo centro de educación ambiental, dende a escola infantil quixemos participar, propoñéndolle colaborar as familias da Escola." E así o fixeron!

Carballa da Rocha

Carballa da Rocha

Este carballo de 33 metros de alto e 7 metros de perímetro situado no municipio de Rairiz de Veiga forma parte do catálogo de árbores senlleiras de Galicia. Coñecer estes tesouros naturais da xeografía galega anímanos a visitalos, marabillarnos coa súa beleza e por suposto, protexelos.

O Colexio Divina Pastora e Voz Natura, sempre da man

Gonzalo ensínanos os corredores cheos de historia do colexio Divina Pastora de Ourense. Unha longa historia da man de Voz Natura na que nunca deixaron de participar limpando ríos e montes, reciclando, reforestando e protexendo a natureza con centos de actividades que hoxe sería imposible enumerar. Unha marabillosa celebración destes 25 anos do programa!

Preparando o terreo

Preparando o terreo

Os alumnos e alumnas do IES Cidade de Antioquia de Xinzo limpan e preparan o terreo despois do verán para comezar as súas plantacións.

Patrulla Limpamundos

Os escolares de Pazos do CRA de Monterrei levaron a súa patrulla á praza para limpala de lixo. Actividades de concienciación ambiental como esta son o alicerce sobre o que se sustenta unha boa educación en valores, de respecto á natureza á nosa contorna. Encántanos a súa implicación!

A vendimar!

A vendimar!

No CRA Amencer de Ribadavia saben como levar a vendima ás súas escolas, traballando con estas fantastica actividade por equipos da que extraen, segundo din, un mosto dunha calidade inmellorable. 😉

A horta do CEIP Manuel Respino

A horta do CEIP Manuel Respino

Non hai nada máis gratificante despois dos labores de horta que recoller os froitos do traballo ben feito. Polo menos iso deben pensar os alumnos e alumnas do CEIP Manuel Respino da Rúa de Valdeorras. Encántanos verlles traballar con ese entusiasmo!

O incendio de Ribas de Sil

O incendio de Ribas de Sil

Nos colexios de Pobra do Brollón e San Clodio en Ribas de Sil non se falaba doutra cousa até hai dúas semanas, cando se conseguiu extinguir o incendio que arrasou con máis de 1500 hectáreas. O noso compromiso ten que ser firme coa concienciación da nosa sociedade, para previr e evitar estas catástrofes ambientais.

Castro de San Lourenzo

Castro de San Lourenzo

Os escolares do CEIP Pobra do Brollón levan anos traballando na protección do emblemático Castro de San Lourenzo baixo unha máxima clara: coñecer é querer, querer é protexer.

Recollendo a colleita

Recollendo a colleita

As alumnas e alumnas do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras aproveitan para recoller o que queda da súa colleita de verán. Tomates, pementos, calabacines e pepinos entre outros alimentos que plantaron na súa horta antes de irse de vacacións, e que agora teñen a oportunidade de gozar en setembro.

¡Comeza o curso!

¡Comeza o curso!

As visitas do Comité Científico polos 365 centros participantes comezan o 20 de setembro polo Barco de Valdeorras. Bo comezo de curso!

Síguenos en nuestras redes

¡No te pierdas nada!