CAST | GAL

VOZ NATURA EN ACCIÓN

Participa das nosas actividades!

 

CURSO 25-26: ACTUAMOS CONTRA A CRISE CLIMÁTICA

Voz Natura chega este curso á súa 29.ª edición con cifras históricas: 385 centros educativos e asociacións participantes con máis de 3.900 docentes guiando a preto de 80.000 nenos e mozos. Entre setembro e xuño, cada centro executa un proxecto ambiental revisado e aprobado polo comité científico do programa para garantir a súa viabilidade e rigor científico. Un ano máis, haberá reforestacións e plantacións, invernadoiros e hortos ecolóxicos, limpezas de praias e ríos, reciclaxe, investigación e concienciación.

O tema central do curso —sobre o que se propón realizar actividades específicas xunto a todas as demais— é a crise climática: darase especial protagonismo á realización de accións para combatela e procurar solucións para mitigala. Faranse actividades de acción directa sobre o medio que atenúen as consecuencias desta crise global e actividades de concienciación e sensibilización para promover a investigación e o coñecemento científico, desmontar mitos climáticos e loitar contra a desinformación.

Todos os centros participantes recibirán a visita do comité científico que os asesorará e axudará a levar os proxectos ao terreo.

Propostas para todos!
Ao longo da presente edición, Voz Natura propón tamén distintas actividades co obxectivo de enriquecer os proxectos e fomentar a acción e a concienciación ambiental.

Pica aquí e participa!


 

RECURSOS

LISTADO DE CENTROS PARTICIPANTES Y PROYECTOS
CALENDARIO
CARTEL
BASES
LOGO