CAST | GAL
 

Rumbo ao 25 aniversario de Voz Natura


O comité científico do programa seleccionou xa os proxectos e equipos que farán realidade unha edición moi especial. Será o curso 2021-2022 cando celebraremos 25 anos de traballo pola conservación e recuperación dos ecosistemas galegos.

No mes de setembro comezará esta edición na que participarán 365 equipos formados por nenos e mozos de asociacións ambientais e centros educativos. Os seus proxectos foron seleccionados entre os 438 presentados.