CELEBRAMOS 30 ANOS DE ACCIÓN AMBIENTAL!
No curso 2026-2027, Voz Natura cumpre tres décadas protexendo a nosa contorna e inspirando aos centros educativos de Galicia.
Queres que o teu centro ou asociación sexa parte desta edición histórica?
Do 1 de febreiro ao 15 de marzo, abrimos o prazo de inscrición para todos os centros educativos e asociacións que desexen sumarse a Voz Natura con proxectos de acción e concienciación ambiental.
Con motivo do 30 aniversario do programa, non se establece unha temática concreta como fío condutor da edición. Deixamos a criterio dos centros participantes a elección das accións ambientais que desexen desenvolver, así como das actividades que consideren máis adecuadas, atendendo ás necesidades e prioridades da súa propia contorna.
Se tes unha idea ou proxecto que:
• Actúe directamente sobre a natureza
• Conciencie e sensibilice sobre a importancia de protexer o noso planeta.
• Investigue solucións científicas para os desafíos ambientais.
Voz Natura espérache!
Como participar?
Envía a túa solicitude a través do formulario de inscrición. Nel, atoparás as bases de participación, os datos e a documentación necesaria para que podamos avaliar o teu proxecto.
Necesitas axuda para deseñar o teu proxecto?
Contacta connosco en voznatura@lavoz.es. Estaremos encantados de asesorarche.
Únete a Voz Natura e construamos xuntos un futuro máis sostible!





