Imaxina Coruña

Chega a segunda edición deste concurso da man da ciencia cidadá

O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura do Concello da Coruña, organiza a II edición do programa IMAXINA, para o curso escolar 2022-2023.

IMAXINA nace como unha iniciativa de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria e bacharelato.

Nesta II Edición a temática do concurso será a Ciencia cidadá, que consiste na participación voluntaria do público en investigacións reais sobre o mundo que nos rodea. Coas novas tecnoloxías toda a cidadanía pode compartir datos como a geolocalización, as fotografías ou as datas e horas da toma de mostras simplemente cun teléfono móbil ou tableta, o que facilita enormemente a participación voluntaria en numerosos tipos de investigacións.

En Imaxina, os equipos participantes desenvolverán unha investigación de ciencia cidadá utilizando unha aplicación móbil educativa do CESGA (Centro de Súper computación de Galicia) elaborada especificamente para o ámbito educativo.

Toda a información e inscrición AQUÍ.